Entre os materiais que van aparecendo para facilitar a inclusiónde todas das diversidades funcionais, sempre botamos de menos a presenza de máis audiolibros. Pois ben, esta vez demos con algún... Trátase de varios contos que nos son narrados por Pepe Sendón e que pertencen ao arquivo da SELIC (a Semana do Libro de Compostela).
Aquí van, para goce de todas e todos, porque como ben di Tonucci, cando traballamos a favor da rapazada, dos anciáns, dos que teñen algunha diversidade funcional, tamén o facemos para o público, porque están ao noso alcance, ao de tod@s!
Dentro do festival da lectura, o programa Liñas paralelas, que se presenta así:
"Por iniciativa da Concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago, e en colaboración coa Radio Galega, presentamos aquí a versión audio dalgúns dos relatos contidos na colección Liñas Paralelas, editados pola SELIC, na interpretación de Pepe Sendón e coa ambientación sonora de Marcos Teira, á guitarra, Nenoescuro (Rafa Xaneiro), á electrónica e Suso Alonso, ao piano. Gravación de voz, mestura, edición e masterización final realizadas por Antonio Vázquez.
Relatos: O vello terrible, de H. P. Lovecraf; Un calendario vivo, de Anton Chejov; O mariñeiro de Amsterdam de Guillaume Apollinaire; Calor de agosto, de W. F. Harvey; Unha noite de verán, de Ambrose Bierce; Cyril Tourneur, de Marcel Schwob; A historia dunha hora, de Kate Chopin; Un fratricidio, de Franz Kafka; Sredni Vashtar, de Saki; Lembranza, de Marcel Proust.
A escoitar...
Ningún comentario:
Publicar un comentario