As filloas de Manola de R. J. Peralta e Blanca Millán resultou ganadora da I convocatoria do Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado 2022.
Manola chega á casa despois dun duro día de traballo; fóra chove, así que é un bo día para facer filloas. Niso se pon. Ceará con filloas salgadas e unhas poucas doces... Ela non conta con que Neves a veciñas vai vir buscar ovos e mentres agarda por eles proba as filloas, a súa irmá Xosefina que vén ás patas, e tamén proba filloas mentres agarda a que llas dea, o fillo Breixo que precisa leña e fai o mesmo, tal como a sbriña Tareixa que precisa cebolas, o afillado Tomé pedindo ósos para o can, a neta Branca que quere kiwis... cando Manola volve á cociña non queda amoado nin filloas... pero chaman á porta e alí están todos eles, cada un co seu prato para compartir: tortilla, cocido, churrasco, empanada e ensalada de froitas. Porque si, hai que crer que o que das se multiplica e a xente non é tan egoísta como pensabas. Un bo exemplo, para tomar nota, da man destes dous autores que acostuman ter esa mirada cara aos valores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario