Cando o fútbol de mulleres deu acadado a primeira plana dos xornais e a primeira nova dos telexornais, cando se demostrou que o mundo do deporte é discriminatorio, tal como sabiamos (o profesorado interesado na igualdade levaba estudando este ámbito dende os anos oitenta polo menos, Agustín Fernández Paz introducira este problema no libro de relatos Rapazas...) ou imaxinabamos claramente, pois os homes máis reacios á igualdade tiñan eses intereses de deporte e copas, bar e fútbol eran conexións ben perigosas para o mundo das mulleres.
Hai un tempiño apareceu en Fóra de xogo A pioneira de Héctor Pena. Presentábase así: "De Ester din que é unha "marimacho". Tamén lle chaman "muller hombruna".
E só porque lle gusta xogar ao fútbol. Ou, quizais, porque o seu
corazón non latexa ao ritmo que dita a sociedade. Talvez é moito pedir
para A Coruña de hai cen anos. Loitar contra todo e contra todos para
facer realidade os seus soños é a súa razón de ser. Pero a Guerra Civil e
a represión do fascismo poden ser un muro demasiado duro que superar.
Ou non. Porque a "roja acérrima" que vían as autoridades convértese
nunha pioneira e un exemplo para as mulleres de alto risco. Empacadoras,
atadoras, pescantinas e proletarias da industria pesqueira que se
botaron ás rúas para opoñerse ao novo Réxime do 18 de xullo. Un camiño
de sororidade tecido a través dunha rede de protección fronte aos
bechos, o frío, a fame e os inimigos da liberdade. E co balón nas
cabeza, nos pés e nas mans da gardamallas." Agora aparece en banda deseñada A porteira de Xulia Pisón e Óscar Losada, da man da Universidade da Coruña co patrocinio da Xunta, o concello e Gadis. Preséntase así: "O de Irene González é un caso único no mundo. Na década dos vinte dioséculo pasado foi a primeira rapaza que rompeu barreiras no fútbol, ao
se converter na porteira e capitá do equipo masculino coruñés ao que deu
nome: o Irene F.C. Esta é a historia dunha nena que levou a súa paixón máis alá dos
límites establecidos para as mulleres da época e fixo realidade o seu
soño."
Un cómic ben claro no que se mostra un momento histórico, a historia dunha nena que cumpre os seus soños e morre por eles, un xornalista deportivo e unha autora de bd contándonos unha desas historias que non se deberían esquecer...
Ningún comentario:
Publicar un comentario