Seleccionados e traducidos por El Hematocrítico. O que resulta algo especial se contamos con que os seus propios libros son normalmente traducidos ao galego por outros, pero alegrámonos infinitamente que agora o faga el cos desta colección.
Vai polo pan de Jean - Baptiste Drovot publicado por Edicións do Cumio.
"Neste primeiro libro o noso protagonista Manuel recibe o encargo de ir polo pan á súa vila. A Manuel encántalle o pan, pero tamén pasear e claro, despístase un pouco de máis polo camiño e, cando chega, evidentemente a tenda está pechada. O que comeza como un simple recado convértese nunha aventura épica e trepidante cando Manuel tenta conseguir o pan dun xeito menos habitual (...) Un libro axeitado para explicar aos nenos que non todo sae sempre segundo o previsto! As delicadas ilustracións de cada páxina están rodeadas por unha fina liña negra co texto debaixo, o que reforza a sensación de estar nunha historia de aventuras".
O que tal lle pasa a Manuel cando vai polo pan... e cando volve, despois de mil aventuras nas que corre moito, pero que moitos riscos, a nai pregúntalle: - E o pan? Como son as nais e a vida cotiá!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario