De Pepablo Patinho e Dani Padrón é o libro Receitas para cociñar o ar, publicado por Embora.
Así se presenta: "A miña avoa tamén era unha meiga. Ela lía moitísimo máis ca min. Tiña
libros por toda a casa; andeis, caixóns, arquetas...; habíaos baixo da
cama e incluso na cociña! Alí tiña libros nun
alzadeiro cheos de
feixes de herbas que recendían a marabilla. E foi alí onde,
precisamente, lin o primeiro libro que me transformou: Receitas para cociñar o ar." Un feixe de relatos que teñen como decorado de fondo a natureza, unha mirada distinta na que as meigas nos acompañan da forma máis natural, onde a referencia aos libros de fadas producen risa pero non así aos de aventuras como A illa do tesouro ou Moby Dick, onde a aprendizaxe nos sae ao encontro porque non é o mesmo a necesidade de auga e a sede; porque os camiños están vivos, teñen séculos, son compartidos con outros seres -e outros tempos- e deben nacer naturalmente; porque cando encontras ecoloxistas descobres que somos parte da vida que nos rodea e sabemos que esa vida é tamén a nosa, porque o mellor alimento é o ar; tamén descubrimos a diferenza entre unha mestra e unha boa mestra, o valor das historias que nos contamos, a razón polas que as fragas non teñen portas e as árbores teñen pastores...
Coñeciamos este autor a través do teatro: ...3, 2, 1..., Nana para un soldado, a poesía de Lúa ou O saltón astronauta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario