Maldiño, a vergonza da familia de Esteban Souto está publicado por Antela editorial.
Da presentación editorial: "Os pais de Maldiño esperan que manteña unha curiosa tradición familiar, pero só conseguen que os decepcione unha e outra vez. Poderá Maldiño ser feliz a pesar de todo?" Pois é o que hai, un país afastado, unha familia de magos malvados: Malvón (o pai), Maldicia (a nai) e o pequeno Maldiño. Malvón convertíase en dragón e arrasaba coas aldeas ou en pantasma e asustaba a xente, pero Maldiño era boíño, gustaba dos animais e das persoas... o pai pono a proba e el sae dela da única maneira que pode. Veredes que o rapaz ten cabeciña... Un bo conto e unhas ilustracións que van do colaxe a diferentes técnicas. Un álbum da colección Pitiños a ter en conta.
Outros produtos que van aparecendo: Unha cativa nova no parque de Cristina Leyva e Rocío Martínez publicado por La estrella azul traducida ao galego por Blanca Rodríguez. Un parque (sen apenas vexetación) e moita rapazada con familia movéndose por el; unha rapaza e un rapaz que non se ven e acaban véndose, seguramente quen o idea pensa en ensinar maneiras de relacionarse tendo en conta os gustos dos demais, observando...
Ningún comentario:
Publicar un comentario