sábado, 24 de xaneiro de 2026

Álbum ilustrado con... unha historia

Unha historia de Mariana Coppo está traducida por Xosé Ballesteros e publicada por Kalandraka.

Era unha vez unha páxina en branco que non estivo así por moito tempo; foron aparecendo cinco animaliños diferentes, cada un coa súa cor, que preguntan onde están ata coincidir que nun libro e póñense a agardar pola historia. O coello pegúntalles se queren xogar pero ninguén se apunta; el ponse a debuxar creando, pouco a pouco, un mundo. Pasesiñamente tamén se achegan os outros e van formando parte dese universo. Entón, chega o carteiro coa historia que agardaban dende o principio, pero eles dinlle que xa teñen outra e que se quere que lla conten, farano. Daquela, comeza a historia de novo: "Érase unha vez unha páxina en branco".

Unha historia sin fin para falar das dúas actitudes ante a vida, construíla ou agardar a que chegue. Quen dixo que os álbums para as primeiras idades non nos ensinan grandes leccións para a vida?

Ningún comentario:

Publicar un comentario