O VI Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético recaeu en Noa e a cidade sen maxia de Angie Roa.
Da presentación en Xerais: "Noa é unha nena que medra escoitando relatos sobre unha cruel batalla librada por culpa da maxia, da que todo o mundo renega. A rapaza non imaxina, ata que lle é desvelado, que ela provén dunha liñaxe de grandes magos e que chegou o momento de que coñeza os seus poderes e a verdadeira orixe do que semellaban ser só lendas."
Unha nena que vive soa coa nai, o pai desapareceu nesa batalla da que se fala en voz baixa. A nai teme a maxia, pero ela vai superar esa traba e experimentará ata crear un compañeiro de aventuras, marchar a outros lugares onde a xente non odie a maxia e poñer en práctica o que sabe e posee. Así poderá cambiar a vida dos avós e da xente que a rodea. O mundo volverá ser outra cousa dende que NOa recupera a maxia.
Un guión que atrapa como esa nena que xoga cos poderes, infantil e inxenuo, unha historia na que se cumpren os desexos, a xente pode deixar de ser cruel e o mundo pode volver a ser feliz... Canta falta fai esa maxia no mundo actual!

Ningún comentario:
Publicar un comentario