mércores, 8 de novembro de 2017

An Alfaya gana o II Premio Neira Vilas de Narrativa



O home de negro é o título da obra coa que An Alfaya acaba de ganar o Premio Neira Vilas de Novela Curta, na súa segunda convocatoria.
Na primeira convocatoria resultara ganador David Daniel Vazquez Álvarez
Este galardón, convocado por la Fundación Xosé Neira Vilas co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, está dotado con 1.000 euros e a publicación da novela.
An Alfaya, a nosa detective escritora de narrativa e teatro, conta cunha traxectora máis que recoñecida, tal como pode verse no listado que segue (recollido da wikipedia)
  • Accésit no Premio de Teatro Infantil Xeración Nós no 1989, por Bua, bua, requetebuá.
  • Premio de Teatro Infantil Xeración Nós no 1991, por O maquinista Antón.
  • Premio Merlín no 1997, por ¡Sireno, Sireno!.
  • Finalista do Premio de Novelas por Entregas La Voz de Galicia no 2003, por Matei un home.
  • Premio de novela curta Xulián Magariños no 2004, por Matei un home.
  • Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil no 2005, por A sombra descalza.
  • Finalista do Premio Ala Delta no 2006, por Zoa e Azor.
  • Premio Xosé Neira Vilas no 2006, por A sombra descalza.
  • Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil no 2007, por Illa Soidade.
  • Premio White Ravens no 2007, por A sombra descalza.
  • Lista de Honra do IBBY no 2008, por A sombra descalza.
  • Premio Frei Martín Sarmiento, por Zoa e Azor.
  • Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 2008, por Areaquente.
  • Premio Arcebispo Xoán de San Clemente no 2010, por Areaquente.
  • Premio de Novela por entregas de La Voz de Galicia no 2010, por Vía secundaria.
  • Premio Frei Martín Sarmiento ao mellor libro de 3º e 4º de ESO en 2017, por A cea das enaguas.
 




 

sábado, 4 de novembro de 2017

O O Códice Calixtino no Rexistro da Memoria do Mundo da Unesco

O Códice Calixtino acaba de entrar n Rexistro da Memoria do Mundo da Unesco.
O Rexistro da Memoria do Mundo da Unesco foi creado en 1992 para sensibilizar á comunidade internacional sobre a riqueza do patrimonio documental, a necesidade de garantir a súa conservación para as xeracións futuras e facelo accesible para un público amplo.
Polos anos 1120-1124 Diego Xelmírez, primeiro arcebispo de Santiago de Compostela, ordena a un grupo de teólogos e ilustradores a compilación do Iacobus ou Libro de Santiago. Esa compilación recibe o nome de ‘Calixtino’ polo interese en simular que o seu redactor fora o papa Calixto II (1116-1124), gran benefactor da Igrexa de Santiago. 
Menos mal que o demos recuperado daquel garaxe!  
Así anda o noso patrimonio... de ser recoñecido a ser perdido, de ser roubado ou regalado a premiado.

xoves, 2 de novembro de 2017

María Reimóndez, premiada no certame Agustín Fernández Paz

O I Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o concello deVilalba e Edicións Xerais de Galicia, recaeu na obra Fóra do normal de María Reimóndez.
Fóra do normal é o título da obra gañadora. 
Cando se convocaou este premio se pensaramos quen podería ganalo seguramente se no pasara pola cabeza o nome de María Reimóndez, unha muller que ten incorporada a perspectiva de xénero á súa obra dunha maneira tan auténtica e real que non podería escribir nada alleo a esa actitude ou valor. Por iso nos alegra sabe o ditame do xurado, un ha resolución que sabemos xusta xa antes de ler a obra.
Parabéns á autora!  

luns, 23 de outubro de 2017

Día da biblioteca, 24 de outubro


Desde a Asociación Española del Libro Infantil y Juvenil, chéganos un cartel e unha mensaxe.
Os autores son  Alejandro Palomas, Premio Nacional de Literatura Infantil 2016 e Manuel Marsol, último ganador do Premio Internacional de Ilustración Feria de Bolonia-Fundación SM.
"Como Mary Poppins, pero sen voar"
 Son sobriño de bibliotecaria. Desde que teño memoria, a miña tía, que acaba de cumprir oitenta anos, regaloume un libro o día dos meus aniversarios. Primeiro foi a serie de Óscar, coa súa Kina e o seu láser, da gran Carmen Kurtz; chegaron despois as aventuras dos Cinco, algúns clásicos ilustrados, a gran Nada de Carmen Laforet... A lista é longa e o goce foi máxico, porque a miña tía entende a lectura como algo que cura, que afasta ao inocente do que agrede, e eu -e ela sábeo- sempre fun demasiado vulnerable ao que dana, sexa ou non imaxinado, sexa ou non real.
A miña tía chámase Nuria e desde nena sofre moito da vista. Aínda así, traballou durante décadas fomentando o amor pola lectura en homes e mulleres, mozos e mozas aos que non coñecía, pero cuxa mirada non tardou en aprender a ler, a identificar e a descifrar. Ela dicía -e ás veces di aínda- que "repartía refuxio", e emociónase ao lembralo. Oína tamén confesar nalgúns momentos da nosa historia común, que non foron fáciles e que vivimos xuntos: "Decidín ser bibliotecaria porque así me aseguraba de que, por moi mal que nos fosen as cousas, aínda que faltase a auga quente ou a calefacción, sempre teriamos un libro en casa". Agora, quince anos despois da súa xubilación, son eu quen lle recomenda lecturas. Lemos un libro á vez e xuntámonos cada quince días a comer e a comentar o lido, no que bautizamos como "O club das 2", porque tentamos no posible que coincida co día 2 de cada mes, ás 2, e porque somos dúas almas lectoras que non teñen freo. Durante estes anos de club, ela contoume cousas, moitas cousas da súa vida na biblioteca, e desde que a oio falar como o fai sobre o seu amor por esa vocación, que non decrece a pesar do tempo, non podo deixar de marabillarme e de preguntarme como definiría eu a unha bibliotecaria -ou a un bibliotecario- chegado o caso.
Ata hai uns meses non dei coa resposta.
Foi por mor da publicación dun fillo, durante unha charla nun centro de ensino dunha capital andaluza. E foi precisamente grazas a un neno de dez anos que, xunto con outros 1OO, lera a novela e quería coñecer ao seu autor. Por motivos de espazo, o acto tivo lugar na biblioteca do centro, cun par de profesoras e a encargada da biblioteca. A charla foi moi intensa, moito máis do que eu esperaba, e alongouse. Cando por fin chegamos ao final da quenda de preguntas, un neno que estaba sentado na primeira fila levantou a man-
-A min o que máis me gustou do libro é María -dixo referíndose á orientadora do centro, que é, xunto co pequeno Guille, a protagonista do libro.
Quixen saber por que. O neno, chamado Ismael, reuse un pouco e logo, mirando a unha das tres mulleres que estaban xunto á porta. dixo:
-Porque é igual que a seño Lourdes. -Unha das tres mulleres que estaban xunto á porta encolleuse un pouco e negou coa cabeza, incapaz de reprimir un sorriso. Ismael non terminara-. Vive na biblioteca porque se non os libros se cadra vanse. Ou morren.
Fíxose o silencio na biblioteca. Ninguén riu. Ninguén dixo nada. Foron segundos cheos de respiracións contidas, de tensión e de infancia.
-É que é bibliotecaria -volveu falar Ismael. E ao ver que eu o miraba sen saber que dicir, debeu de entender que necesitaba explicarse mellor, e engadiu-: Ou sexa, como Mary Poppins, pero sen ás.
Hoxe é un día especial. Celebramos o Día das Bibliotecas e celebramos tamén que centos, miles de Mary Poppins sen ás velan polos libros que as habitan para que non morran nin se vaian, e Ismael siga crendo que a vida está nos libros e o seu reflexo fóra. Hoxe é o día en que, un ano máis, a maxia renóvase e todas as bibliotecarias e bibliotecarios do mundo saúdanse cunha mirada cómplice e un longo. fermoso e tenro:
"Supercalifragilísticoespialidoso".

venres, 20 de outubro de 2017

Un novo concurso de relato

A verdade é que todo o que signifique lembrar aos nosos escritores (especialmente a aqueles que estiveron máis comprometidos coa nosa literatura) sempre nos parece ben. Pero hai "cousas"que non poden deixar de dar pena, como as oportunidades perdidas.
Neste país vai habendo concursos de narrativa... algunhas persoas incluso din que xa son de máis. A min nunca me sobran. 
O que non hai son certames nos que se promova o teatro, a poesía, a banda deseñada ou o libro informativo infantil, e bótanse moito de menos, ata o punto de que nos entra a dúbida de que é o que pasa pola cabeza das persoas que realizan as convocatorias. Se miramos os datos da cantidade de libros publicados de cada un destes xéneros veremos que hai unha gran desproporción e que estas desigualdades, sempre que sexa posible, hai que tentar compensalas, e unha da maneiras de facelo é coas convocatorias de premios. Revisemos ese dato e sintamos vergonza. Se quitamos os do AGADIC para o teatro, tiñamos os premios Estornela de Teatro e Arume de Poesía da Fundación Neira Vilas que se alternaban cada ano... non sabemos moi ben que pasou pero semella que a convocatoria do premio Xosè Neira Vilas de Novela Curta mantén aos outros dous ou ven no faiado da casa ou ben desaparecidos. Agora aparece un premio Agustín Fernández Paz de relato curto e xa aparecera un co mesmo nome do autor de narrativa pola igualdade...
Que nos está a pasar?

domingo, 15 de outubro de 2017

Un novo Astérix en galego

Está a piques de saír á rúa a nova entrega desta banda deseñada de culto. Será da man de Xerais e o seu título Astérix en Italia 
Apaece en galego ao tempo que o fai en francés e noutras linguas.
Con guion de Jean-Yves Ferri e debuxos de Didier Conrad, os mesmos autores responsables de Astérix e os pictos e O Papiro do César
Aparece en galego ao tempo que o fai en francés e noutras linguas.  
Só nos cabe a pregunta: 
Quen normaliza? 
Van a seguir, esa correa de esforzo, os mediadores?
Ogallá!!!!!!!

sábado, 14 de outubro de 2017

GALIX e o Salón do Libro de Pontevedra convocan concurso cartel


O Salón do Libro e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) convocan, por primeira vez, o Premio Internacional de Ilustración, para o cartel que servirá para anunciar o próximo Salón "Mulleres de conto".
Este premio está dotado don 3.000 euros para a obra ganadora. 
As bases poderán consultarse na web www.salondolibro.gal e no blog de GALIX.
O prazo para presentarse é dun mes.
Así que, mans á obra!