Todo a babor! Unha pequena gran volta ao mundo de Renata Ortega. Cumio
Así se presenta: "Embarca neste libro xunto co pequeno Magalláns, Elcano e a súa divertida tripulación nesta nova aventura
inspirada nunha das maiores fazañas da nosa historia, a primeira viaxe
arredor do mundo en barco! Soltando cabos, despregando velas e... Todo a
babor!
En 1519 cinco barcos partiron dende
España cara ao descoñecido, nunha ousada viaxe no que pretendían
demostrar o imposible, que era posible dar a volta ao mundo grazas a un
atallo descoñecido que conectaba o océano Atlántico co Pacífico: O
Estreito de Magalláns. Non foi ata 1522 cando se completo dita fazaña convertendo este 2022 o quinto centenario do cumprimento daquela proeza.
Tomamos este fito na historia para
inspirar aos protagonistas viaxeiros do libro Bo camiño, peregrino! na
realización da súa nova aventura: A volta ao mundo seguindo o camiño
realizado en parte por Magallanes e culminado por Elcano. A
través deste libro, do mesmo xeito que o primeiro da colección iniciada
por Rena Ortega, vaste divertir viaxando, descubrindo paisaxes,
estrelas, detalles, moitos detalles e cousas que seguramente che
sorprenderán. Úneste?"
Un barco cheo de animais (como unha arca de Noé). A primeira das gardas presenta a historia desa primeira volta ao mundo e o seu mapa mentres que nas últimas preséntanse as diferentes partes do barco protagonista e as respostas áo xogo que se propón nas páxinas anteriores. A ilustración ocupa toda a páxina, o relato móstrase nas cartelas e dos personaxes saen pequenos globos con referencia aos lugares polos que pasan: Brasil, Río da Prata, Antártida, Torres del Paine, Estreito de Magalláns, Océano Pacífico, Islas Marianas, Filipinas, Indonesia, Molucas, Cabo de Boa esperanza, Cabo Verde e España (subida polo Guadalquivir en Sevilla). Un libro de coñecemento, unha obra de xeografía e historia con humor e referencias culturais.
O material necesario para embarcar...