Un día con papá de
Fina Casalderrey e Víctor Castro, ilustrado por Paula Andrade. Un libro
dedicado a todo o profesorado de infantil e primaria de Galicia.
Trátase de poemas, cancións. O pai vén do mar e a nena quere cantar e
bailar con el, así percorren os camiños e son felices; a avoa anda
perto. Así se presenta: "Dez historias sobre unha xornada de lecer dun mariñeiro e a súa filla que abren camiño a outras dez cancións que aparecen no CD que se achega. Tamén a outras tantas animacións con karaoke dunha canle específica de Youtube." Publicado por Embora.
domingo, 19 de xuño de 2022
Libros e cancións
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario