O segredo de Al´eume de Pilar Ortega Pereiro publicado por Cuarto de inverno.
Así se presenta: "Despois do accidente en bibicleta da súa irmá Teba, nunha visita ao
mosteiro de Caaveiro, Xiana ve como os seus problemas van en aumento e
conseguir os cartos para a carísima operación da nena convértese no
obxectivo familiar. Presionada polo segredo que agocha en relación co
accidente, embárcase, xunto coa súa amiga Lúa, na procura dun suposto
tesouro, tras o que andan tamén o seu tío, uns investigadores da
Universidade de Oxford e un compañeiro de instituto. Quen conseguirá dar
co tesouro de Al'eume?"
En primeira persoa, cóntasenos, este tempo de angustia nos que se enfronta aos sentientos de culpa e á situación familiar e de amizade con comezos de namoramento. A historia dunha vella monxa que planta os pés nos tempos da posguerra e dunha nova que anda a reflesxionar sobre o compromiso do matrimonio, un profesor e unha lenda... De todo hai.
Ningún comentario:
Publicar un comentario