Mamá vive en min de Rosario Baleirón Sóñora con ilustracións de Estefanía Padullés.
Así se presenta: "Unha historia para nenos e maiores; para ler sós —aínda que moito mellor acompañados— e onde diversión e emocións van da man. Animámoste a mergullarte no mundo de Martiño, o protagonista, que se ten que enfrontar a unha situación moi difícil na súa curta vida. Para afrontala, contará coa axuda das persoas máis próximas a el e que comparten as súas vivencias, pero tamén de compañeiros, amigos, profes... Ademais, complementamos e enriquecemos a lectura cunha serie de xogos e de actividades, que inclúen o coidado emocional...."
A historia cóntanola a voz da mascota de Martiño, un canciño de peluche. O día a día da familia, as cousas de nenos, os contos que lles conta a nai, a dor ante a súa enfermidade e morte... Unha homenaxe, da autora, á cuñada e aos dous sobriños orfos, tal como se ve pola dedicatoria. A ensinanza de como o paso do tempo nos vai cambiando, como imos superando as perdas, gardando aquilo que queremos que permaneza ao longo da nosa vida. De fondo, un atisbo de relixión, suave.
Vaia enleo, Timoteo! de Gracia Sánchez e Sara Iglesias, traducido por Vanesa López e publicado por Miau. Así se presenta: "O xabaril Timoteo ten un problema co aseo: aínda que se cre un galán,
cheira como un marrán. Un día chega á casa a súa amiga Tomasa, quen, con
graza e cariño, sinala o seu desaliño. Outros amigos axudan nesta tola
aventura mentres o noso Timoteo vai de enleo en enleo.
Chega a terceira entrega desta divertidísima serie escrita por Gracia
Iglesias e ilustrada por Sara Sánchez. Non poderedes deixar de rir." Unha historia rimada na que se repite a frase que serve de titulo. Cando a cabra Tomasa o convida a unha festa elegante, o xabarín ha de lavarse e vestirse axeitadamente, para iso, todos os aimais colaboran.
Ningún comentario:
Publicar un comentario