Cando chega o outono de Marina Rey Noya publicado por Aira Editorial, Así se presenta: "Ourizo Neto camiña canda a avoa polo bosque facendo preguntas
sobre todo o que observa. Entenderá como muda a natureza conforme pasa o
tempo? Unha fermosa historia chea de poesía e beleza que nos achega aos
cambios das estacións e os efectos que produce no bosque, cheo de luz e
de misterios." O neto pregunta ante o misterio e a avoa contesta con poesía. As estacións sucédense nun ciclo eterno e repetitivo, pero as avoas non duran sempre, por iso é preciso acompañalas, escoitalas e observar o final da historia, porque é preciso sementar para que a vida conntinúe.
luns, 26 de febreiro de 2024
As estacións: Cando chega o outono
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario