Inventario de bruxas da avoa Maruxa está escrito por Ramón D. Veiga e ilustrado por Isabel Muñoz. Publicado na colección Meigas de Minicumio.
Preséntase así: "Con case cen anos, a avoa Maruxa tivo
tempo abondo para coñecer ananos, xigantes, cíclopes, atlantes e tamén
algunha fascinante bruxa: meigas elegantes; outras, arrepiantes; cun
humor brillante; con peor talante… mais ao final todas se facían querer.
Entre viaxe e viaxe, fixo un inventario algo estrafalario, mais aqueladiño, das meigas que foi atopando no camiño.
Cando o rematou, vendeullo a un anticuario e, co que que gañou, mudouse a
un balneario. Din que alí segue aínda hoxe Maruxa. Non será ela tamén
un pouco bruxa?" "Un excéntrico inventario. Un orixinal texto rimado cunha alta dose de humor"
Entre tanta historia de bruxas un inventario marabilloso, tal como sintetiza a presentación con moito humor, rima e excentricidade. Un inventario canalla no que textos e ilustracións teñen calidade e con eles imos percorrendo ese itinerario dunha ducia de bruxas, unha por mes. Veiga continúa traéndonos esa poesía infantil con algo de escabroso e escatolóxico, con moita orixinalidade e pouco convencional. Seguro que estas bruxas lles encantan á rapazada!
Ningún comentario:
Publicar un comentario