Nerea. O príncipe da sorte (Xerais, 2021), resultou gañador (xunto co guionista Miguel Rojo) do II Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético. En 2023 publícase a segunda parte: «Nerea. A invasión dos trastos».
Pablo Prado xunto con Miguel Rojo retoman a serie.
Así se presenta cada unha das entregas:
"Unha poza sen fondo, un príncipe que pide ser rescatado, uns monstros
que non se sabe o que din... Ou pode que si? E todo por non facer caso
dos consellos dos seus pais. Acompaña a Nerea nesta aventura chea de
lambonadas, mocos e pingüíns, moitos pingüíns."
"Tes mensaxes de no móbil pendentes de ler? Algún capítulo da túa serie favorita sen ver? Pasaches esa fase tan difícil do videoxogo de Súper Cario?... Que tal se miras o que está a acontecer ao teu redor? A invasión dos trastos comezou! Nerea regresa cunha nova aventura chea de humor sobre os excesos no uso das novas tecnoloxías."
O avó de Nerea está na residencia, obsérvao todo e descobre o que ninguén é quen de ver, por iso colle a neta da man e alá van os dous: destruír os trastes por medio dos que nos queren invadir. Ao final todo remata ben, puidemos co mal e os autores adxuntan un apéndice en branco e negro no que ante a queixa de Nerea que se aburre sen redes sociais e pantallas, o avó móstralle todos os xogos posibles, e Nerea que é unha nena avispada queda feliz, de novo. Porque iso é o que ten Nerea, que tan pronto poden enganala como espertala da mentira para que colabore na loita polo común, niso anda...
A obra de Pablo Prado vai dende O derradeiro libro de Emma Olsen ou A batalla de Rande
Ningún comentario:
Publicar un comentario