mércores, 11 de febreiro de 2026

Un novo libro de Zahorí e CSIC en galego: Momias exipcias

Un novo libro de Zahorí e CSIC en galego: Momias exipcias (Obxectivo: a vida eterna)

Unha obra de Berta Páramo coa revisión científica de José Manuel Galán

Da presentación editorial: "Para os exipcios, a morte non era o final, senón o comezo dunha gran viaxe cara á vida eterna. Conservar o corpo era fundamental. Para conseguilo, os sacerdotes usaban rituais máxicos, vendaxes e moitos segredos." 

Neste libro aprendemos mitoloxía ou relixión exipcia, a orixe do primeiro embalsamamento, onde o como apareceu a primeira momia, a diferenza entre a momia natural e a realizada artificialmente, todo o proceso de momificación, a diferenza entre as clases sociais exipcias ante a morte, o ritual que segue ao último suspiro, os elementos de que se acompaña a momia e para que van servir, momias famosas,  a razón pola que se entraba nas tumbas, as maldicións aos que ousaban contravir a lei do respecto á morte, o tratamento das momias que se trouxeron a Europa, para qué se utilizaba o polvo de momia... Creo que esta pequena obra responde todas as preguntas que nos estabamos facendo ao respecto. De maneira sinxela con moitas ilustracións (moi atractivas) e pouco texto; semella que nunca tanto se dixo con tan pouco. 

Unha sorte poder contar con esta colección e o agradecemento a persoas como Luísa Martínez que a fixeron posible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario