A busca de Muncho de Tiago Delgado está publicado `por Antela editorial.
Así se presenta: "Cando o gato Muncho esperta unha mañá na súa casa, e non atopa o seu máis adorado sombreiro, decide embarcarse nunha misión para recuperalo, e atopar a resposta a unha crucial enquisa: onde está agora o seu sombreiro?"
Certamente o gato vai buscando o sombreiro sen atender a razóns nin escoitar ao dragonciño Ruco. Pregunta que pregunta ou máis ben atopando con diferentes personaxes (o gran parrulo, o ollo Centolo, a flor Ipondia) que o van acompañar nesa busca. Un faino por non aguantar o malhumor do irmán, outro por non quedar só, outra porque a fan rir... Ao final atopan ao ladrón do sombreiro, o sapo Soberano ao que convencen escoitasndoas súas razóns para non querer devolverlle o sombreiro xa que as rans se rin del por calvo... pero todo se soluciona e todos eles rematan na casa do gato compartindo unha sopa de cogumelos.
O sapo sempre poderá mercar un sombreiro, porque o posto do vendedor seguirá onde quedou, pero igual xa non o necesita, porque conseguiu colocar as rans no seu sitio. Unha historia que avanza creando amizade mentres se distraen con adiviñas e xogos de enxeño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario