O dragón que non botaba lume de Carlos López con ilustracións de Óscar Villán.
Porque o lume non é un irresponsable así que cando o dragón o utiliza mal (para incendiar vilas enteiras, os grandes bosques, as palleiras dos labregos, os libros, derreter os bonecos de neve ou o Polo Norte...) cabréase, colle a súa maleta e marcha. Queda o dragón sen lume, nun principio semella que non lle vai importar, que pode arranxarse sen el, pero vai probando con anacos de sol, cos raios da tormenta, coa lava do volcán... ata que se dá conta de o lume é imprescindible. Entenderanse, de novo? Deberán facer un contrato para non decepcionarse? esta se outras preguntas terán resposta lendo o libro de Galaxia.
Un libro orixinal, con todo ese surrealismo que crea Chinto e que Villán secunda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario