luns, 11 de outubro de 2021

Libros de lectura fácil e adaptada


A colección La mar de fácil está publicando en galego, é dicir, está traducindo ao galego parte do seu catálogo. Algunha que outra errata pon sombra a unha iniciativa que se agradece, sobre todo cando vén de fóra, para cubrir unha demanda que no país non damos resolto.

Atopamos Os pazos de Ulloa de Emilia Pardo Bazán en adaptación de Claudia Sabater, ilustrado por Dani Soms e traducido por Alba Losada, na colección Ágora. Nesta mesma colección aparece Moito ruído e poucas noces de William Shakespeare e A idade da inocencia de Edith Wharton. 

Na colección Aktual contan con Cores prohibidas de María Peralta Vidaurreta, Kafka e a boneca viaxeira de Jordi Sierra i Fabra e Trampa de lume de Nuria Martí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario