O colexio de Iago, un dos libros de Liesbet Slegers destinado a primeiras lecturas, igual que O gran libro dos dinasaurios de Iago, Iago e o corpo humano ou O gran libro dos números, formas e cores de Uxía.
Trátase de libros de coñecemento, libros que informan de diversos ámbitos relacionados coa miudanza coma o cole ou o seu corpo, acerca daquilo que precisan ir aprnedendo (formas, cores, números, tamaños, letras...) e tamén dos seus intereses (dinosaurios...). Obras moi necesarias nas nosas bibliotecas que sempre teñen falta de libro informativo en galego, obras ben realizadas tanto a nivel visual como textual, con infomación e, de vez en cando, inrrereacción co lector e lectora ao pedirlle que busque determinada figura, que repense ou que fale ao redor de algo relacionado co que se está tratando. Estas colección de Uxía e Iago deben terse en conta.
Libros imprescindibles para calquera biblioteca: persoal, familiar, escolar, pública... Libros que normalizan a nosa lingua e o fan con moita dignidade. Grazas a Tambre, unha vez máis por ese esforzo dende fóra de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario