Oh! de Josse Goffin é un libro sen palabras, un libro xogo. "As súas páxinas son despregables, de xeito que a primeira
coa seguinte presenta unha ilustración; pero ao abrir
esta última, fórmase outra figura distinta. Xorde así un xogo
entre o que se ve e o que se agocha, o que parece algo
pero transfórmase noutra cousa diferente..." (Da presentación editorial)
Como se fixera trampa e quixera enganarnos mostra unha imaxe que se transforma noutra distinta ao despregar a páxina da dereita, coma se quixera dicirnos que as cousas non son o que parecen. Semella imposible, pero o que semellaba unha taza acaba converténdose en barco e o que parecía un peixe pasa a ser un pato, un zapato chega a ser dragón e a lúa unha serpe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario