Os acartonados para prelectores de Kalandraka contan coa colección Do berce á lúa dirixida a rapazada de 0 a 3 anos. Dous autores: Antonio Rubio e Óscar Villán nas ilustracións. Libros que "que axudan a «educar o ollo e a adozar o oído», porque "O texto leva un ritmo de lectura baseado no cancioneiro infantil e mantén unha total equivalencia entre palabras e imaxes. As ilustracións resaltan sobre un fondo claro para facilitar a forza comunicativa". Títulos como Lúa, Froitas, Animais, Zapato, Cinco, MIau, Violín, Crocodilo, Paxariña de papel, Piñeiro vense agora acopañados por Xoguetes e Viaxes.
Sempre é unha alegría atopalos, descubrir un novo como eses xoguetes que inclúen o libro de poesía espallando alegría ou eses viaxes que levan a Nacho, Xiao e Faisal en nave espacial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario