Erica, de Ana Vigo, está publicada por Galaxia na colección Costa Oeste.
Así se presenta: "Erica e seu pai chegan á vila da Dormecida tras unha vida de continuas mudanzas. Cansa de ter que facer amigos que perderá invariablemente ao pouco tempo, rexeita intentalo de novo, mais os nenos do lugar insisten en levala á “mansión”. Neste lugar fantástico descubrirá que existe un mundo paralelo, Morfeonía, habitado por espíritos, dende o que estes soños se poden traer á Realidade. Aínda que Erica non pode soñar por unha estraña enfermidade, decátase que ten un talento natural para xogar cos soños na Realidade. Grazas aos seus novos amigos, Dalia, Hadri e Agata, cos que ten as súas rifas polo seu carácter competitivo e ambicioso, coñece a necesidade de equilibrio entre os reis de Morfeonía, Soño e Pesadelo, baixo as ordes da Grande Imperante."
Un mundo paralelo combinado co real. Un universo no que os soños son o potencial co que cambiar o que sucede. Un mundo no que o ben e o mal seguen a xogar ou pelexar mentres a humanidade padece ou se deixa gobernar... Un pai e unha filla que viaxan por mor do traballo del, ou por outras razóns?. Unha historia que agacha outra historia. Un segredo que terá que ser desvelado. Unha loita que posibilitará un futuro de luz ou de sombra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario