A historia do vampiro que perdeu os caveiros de Xosé A. Perozo está ilustrada por Lucía Cobo e publicada por Galaxia. Un libro con moi boas ilustracións que enchen as páxinas e unha cantidade de texto superior ó dun álbum. Ao meu entender, é unha obra que fuciona moi ben, dende un principio no que se presenta ao pequeno vampiro que é tan despistado que perde parte do nome, pasandoa chamarse Piro, porque seica se chamaba Suspiro (non pensedes que era por Vampiro), pero tampouco foi porque perdera parte do seu nome sen máis (hai outra historia tamén para isto), e seguimos... o despiste fai que esqueza onde deixou os cabeiros e buscándooas atopa algo que ben ñodedes adiviñar. Unha historia de vampiros pero tamén de fantasmas, de bosques malditos, arañas xigantes e serpes, bruxas e dragóns, de princesas e rato Pérez.
O autor vai engadindo historias coma olas dunha árbore, o pequeno vapiro vai dunha perda a outra ata acabar atopándose, e mellorándose.
Ningún comentario:
Publicar un comentario