Mamá vive en min de Rosario Baleirón Sóñora e Estefanía Padulles publicado por Hércules edicións.
Na voz da mascota do irmán máis pequeno (aquel que decidiu chamarse Martiño cando coñeceu a historia dun santo que reparteu a súa roupa), esa mascota que é un can de peluche e ten por nome Canciño. El vai contando o día a día da familia (co pai case desaparecido, ata o final), a relación entre os irmáns e coa nai, as cousas de nenos, dos contos que lles conta a nai, da súa enfermidade e morte e da dor que os ensombrece e de como o tempo o vai curando todo. A memoria permanece, os recordos están dentro deles e acompañarannos sempre. O libro semella unha homenaxe da autora á cuñada e aos dous sobriños orfos. Porque tamén isto o hai que aprender, a despedirse e a permanecer, a deixar de xogar co peluche pero gardalo.
Adeus amigos de Begoña García - Alén é o XV Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña. Un cómic especial, case minimalista cun xogo de dúas cores e liñas sen apenas fondos. Un barco pantasma cunha tripulación desaparecida que acaba volatilizándose, pero non só el, tamén se evapora un soldado de chumbo, un neno...
Así se presenta: "Un barco ten vontade propia. Se te fixas ben, verás á pantasma que pasea por Ferrol. Un neno investiga. Presente e pasado son unha mesma cousa. Unha nai perde a paciencia. Un pai tarda en regresar. Un paracaidista de xoguete cae por última vez. Todo sucede ao mesmo tempo. Unha viaxe calma que a través de viñetas precisas, desemboca nun humilde pobo galego, e ..."
Ningún comentario:
Publicar un comentario