Superheroínas e superheroes. Manual de instrucións. Davide Cal & Gómez, tradución de Maruxa Zaera. Publicado por Nubeocho.
O autor fala directamente co lector supoñendo que quere ser un superheroe ou unha superheroína e vaino asesorando paso por paso. Ha de coidar a súa apariencia (traxe, máscara...), superpoderes que vai ter, a orixe deses superpoderes, as mascotas ou axudantes que vai ter, os supergrupos aos que vai pertencer, os vehículos que vai usar, a base secreta, a primeira misión... e remata anunciando a escola de superheroínas e superheroes á que poderán asistir para chegar a acadar o seu obxectivo.
Unha vez máis (e, cantas van?) nos atopamos coa dificultade de acceder a información sobre o libro en galego, incluso acceder á capa do mesmo en galego na páxina da editorial (ben se ve que houbo que conseguila noutro lugar) que o presenta en catalán, castelán, inglés, italiano... Somos invisibles? Teñen interese en facernos sentir mal? Será que somos moi sensibles? A todo isto se poderá contestar en breve... Continuará!
Os autores son os campeóns olímpicos? Tampouco ninguén nolo dixo...
Ningún comentario:
Publicar un comentario