O faro da muller ausente de David Fernández Sifres foi premio Alandar en en 2011 e aparece agora traducido por Isabel Soto. Este é a primeira inncursión na novela xuvenil do seu autor. Unha historia de misterio anclada no 2001 pero coas raíces na segunda guerra mundial. Unha viaxe de estudos leva a un grupo de rapaces a Normandía, alí o protagonista é testemuña dunha escena sanguenta que non terá explicación ata que, coa axuda do seu grupo de estranxeiros, consiga descorrer o velo. Aliados e nazis, ingleses e alemáns semellan traer as diferenzas ata a actualidade, os rapaces representan cada un dos papeis e terán que ser os ex combatientes moi vellos os que lles dean as claves para vivir en paz. Unha historia de amor, o tempo detido un mausoleo banker, as mensaxes nunha tumba, as flores que nacen no xardín inhóspito dun faro, un home que suplante a outro para sobrevivir ou a transformación dun botín de guerra nunha empresa solidaria. Contada en primeira persoa tráenos todas as dúbidas e inquietudes para poder acomapañar ao mozo na súa descuberta (incluso do amor). As diferenzas entre os xoves, a ansia por ligar, a indiferenza ante a situación dos demais ás veces, as verdades agachadas que ficarán como lembranza dolorosa.eses primeiros amores que custa esquecer pero se fai de forma case natural... Todo está na novela!
Así o presenta a editora:"Un disparo nos cantís, unha muller que non existe, un fareiro misterioso e o segredo dun nome. Agora Hugo ten sangue nas mans. Que viu realmente? Cando tenta comprendelo, vese fronte a un enigma que enraíza na Segunda Guerra Mundial. A súa visita a Normandía pode converterse nunha viaxe á loucura. Para atopar respostas terá que remover lembranzas dolorosas e abrir vellas feridas que amosarán o peor e o mellor da condición humana. Hugo xurou non contar nada, pero é o momento de facelo."
O burato de Walpurgis, tamén é a primeira novela xuvenil de Ronaldo Menéndez, tamén está traducida por Isabel Soto e publicada na colección Catavento de Tambre (selo de Edelvives en Galicia). Imaxinemos unha vacacións de verán, dous primos compartíndoas cos avós e unha panda que busca aventuras. Cóntanolo o primo máis novo que ve ao maior como o seu heroe, Sherlok Holmes deixándose acomapañar por Watson. Unha novela introspectiva na que o rapaz vai analizando cada unha das emocións que sente (se se chegan a enteirar os publicicstas das emocións que andan polo ensino adiante van tolear aínda que seguramente non o queiran ver porque é máis doado pedilas de encarga). Un relato reflexionado np que o rapaz busca entenderse e, de paso, comprender as xentes e situacións que o rodean. É posible que as pelexas resulten un tanto longas e infantís (tal como é a vida nesas idades) pero a loita de sentimentos colorea a escena cunha profundidade desacostumada. Imaxinemos ese burato nun sanatorio abandonado no que houbo moito sufrimento, no que se falaba ou inventaba (para meter medo aos máis novo) unha monxa pantasma que ía matando aos enfermos dunha maneira ad hoc. Imaxinemos que podemos mirar o noso futuro a través dun burato e o que isto nos pode marcar. Os primeiros pasos no namoramento con todas esas dúbidas de se é a ti a quen quere a outra persoa ou está namorada doutro personaxe, ese seguimento que vai da euforia á desesperanza e, por riba de todo, as boas intencións, os bos sentimentos que saen a flote (a pesar de todo) e poden salvar aos demais e a nós mesmos.
Así o presenta a editorial, recollendo moitas das notas que atravesan a narración: "Nas ruínas dun sanatorio situadonun lugar perdido da serra de Madrid agóchase un segredo arrepiante que ninguén deberíadesvelar. Sebas, o seu curmán Álvaro e a cuadrilla dos Furtivosignoran que asomarse a un inquietante burato marcará assúas vidas para sempre. Aínda que esa non será a única descuberta do verán; tamén, o medo á morte, o amor, a traizón, o sentido da amizade e todos os sentimentos que converxen ao fío da adolescencia."
Isabel Soto leva tempo traducindo e facéndoo cunha calidade excelsa, a homenaxe do Salón do Libro (xunto ao Premio Nacional Xabier Senín nunha chiscadela ao traballo conxunto nos Asterix) resulta absolutamente merecido sobre todo se temos en conta a indiferenza doutros premios ante as persoas que versionan as historias infantís e xuvenís doutras linguas na nosa sen recoñecer este traballo para o que non é a primeira vez que solicitamos sexa seleccionado na Lista de Honra do IBBY ou nos premios Follas Novas. Pode que seste sexa o momento doce e empecen a sumarse outros recoñecementos.


Ningún comentario:
Publicar un comentario