O pilindrín. Cancioneiro galego infantil tradicional de Carlos Rey Cebral e Cristian Silva Bóveda, ilustrado por Serxio Cobos está publicado por O Faiado da Memoria (asociación de recuperación de Memoria documental, gráfica, sonora e audiovisual de e sobre Galicia).
No ano no que as Letras Galegas se dedican á cancioneiro popular está ben unha mirada ao infantil, por iso agradecemos esta publicación con prólogo do antropólogo Carmelo Lisón e epílogo de Xosé Manuel Barreiro Ínsua, presidente da Asociación do xogo tradicional de Galicia Brinquedia.
Despois de falar das tres etapas nas que se divide o xogo tradicional infantil, a primeira consituída polos arrolos e cantos de berce (nos que a crianza é meramente receptora), a segunda cos xogos mímicos nos que a criatura tamén participa coa mímica e os sons, e a terceira é a que se recolle neste libro, aquela na que nenos e nenas son autónomos e non precisan da persoa adulta para executar a canción ou xogo. Polo tento, o que aquí se recollen son xogos participativos, os de corda, os de roda, as danzas, os ateriles, os recitativos, as cancións e as fórmulas para pandar. Un apartado de anotacións sobre as cantigas aclara onde estas foron recollida, as instrucións para o xogo, a orixe, os instrumentos que poden intervir, as melodías, variacións ou notas bibliográficas (Shubarth / Santamarina, Pérez Ballesteros, García Alén, Saco y Arce, Míguens Castaño), Realízase unha análise dos tópicos máis abundantes (bechos entorno, oficios, familia, vellos e curas, labores cotiás, morte, xogos como castigo (as prendas), escatoloxía, trabalinguas, onomatopeas... A análise musical decada unha delas por parte do segundo autor que remata cunhas conclusións.

Ningún comentario:
Publicar un comentario