Drácula (segundo a novela de Bram Stoker) de Dominique Marion e Jérémie Fleury publicado por Baía en gran formato.Así o presentan: "O mozo pasante de notario, Jonathan Harker, marcha a Transilvania para finalizar a venda dunha mansión en Londres para o conde Drácula. Personaxe inquietante, con costumes estraños, Drácula provoca que o mozo se atope cada vez máis a desgusto, sentíndose prisioneiro da súa maléfica empresa. En Inglaterra, a bela Lucy loita contra o mal misterioso que a corroe pouco a pouco, coa axuda do Dr. Van Helsing, experto en criaturas fantásticas..." Polo medio a historia que todos coñecemos do vampiro e os vampiros, os seus servidores e os que se atreven a enfrontalos.
Vacacións na casa de tío Drácula de Manuel Blanco está ilustrado por Nair Fuentes está publicado por Medulia.
Da presentación editorial: "Á mansión do conde Drácula, chega o seu sobriño para pasar uns días de vacacións. Durante a súa estancia alí, o sobriño escribirá un diario no que, ignorante da verdadeira natureza do seu excéntrico tío, irá relatando as aventuras deste, así como as relacións co seu xove fillo, o primo Francis. O libro enfronta, nun ton paródico, a inocencia do cativo coa vida transgresora e algo disipada do misterioso Conde."
Trátase do diario dun neno que recolle as impresións ao longo dos 16 días nos que convive coa familia do tío e o primo; nel, imos vendo a inocencia do rapaz e as pistas que nos vai achegando acerca da familia de vampiros. Remata cunha "folla para suxerir ideas e ilustracións de cara a unha posible segunda parte"


Ningún comentario:
Publicar un comentario