Pedra a pedra de Giuliano Ferri é un libro silente, de pastas duras, publicado por Kalandraka.
Para derrubar muros e construír pontes (di a presentación editorial) e non hai maneira de explicalo mellor.
Un muro e nel unha planta que nace, o ratiño quítaa e sae unha pedra de forma que se ve un anaco de paisaxe. O gato axúdalle quitando outra pedra (agora é máis doado) e aumenta a vista da natureza que hai detrás do muro., vén o porquiño e colabora, ñlogo o coello e a ovella. Xa non hai muro e vese o que hai do outro lado: un mono, un león, un elefante, unha xirafa... Cando se ven ao auga polo medio separándoos, deciden utilizar as pedras para construír unha ponte e poder atoparse, abrazarse, facerse amigos!
Para os tempos que corren non hai mellor ensinanza. Mentres os adultos se portan como maleducados, os pequenos móstrannos o camiño. Haberá alguén que escoite?

Ningún comentario:
Publicar un comentario