Un hipopótamo na bañeira de Kyoko Matsuoka e Akiko Hayashi está pulbicado por Lata de Sal.
Mete dentro de la bañera una tortuga, dos pingüinos, una foca, un hipopótamo y una ballena... Sí se puede! Este libro demuestra que cualquier cosa es posible en el mundo de la fantasía. Porque convierte un baño en algo divertido y en el instante ideal para contar esta historia maravillosa.
Da presentación editorial: "Ao neno encántalle bañarse. Cando vai entrar na bañeira, leva con el o seu parruliño Pukka. A Pukka tamén lle encanta bañarse. Cando abre a porta… click-cleck-clack. O chan do baño é moi escorregadizo. Hai que ter coidado".
O neno entrou co parrulo pero dentro da bañeira vai aparecendo unha tartaruga, dous pingüíns xemelgos, unha foca, un hipopótamo, unha balea... A rapaz faise cargo de todos eles, axúdalles a lavarse, xogan... ata que aparece a nai e desaparecen todos eles quedando unicamente o neno e o parruliño. Todo é posible no mundo da fantasía, ata os animais máis grandes caben nunha bañeira!
Un aniversario diferente de José Carlos Román e Susana Rosique publicado por Canica Books.
Da presentación editorial: "Unha aventura da pandilla de avós máis divertida do bosque, en busca do
agasallo perfecto para unha neta moi especial. Como
cada mañá, o avó Teixugo levantouse cedo. Mentres tomaba os primeiros
sorbos de café, intentaba recordar algo. Intuía que aquel día non era
como os demais, pero non sabía moi ben o por que. Claro que non era un
día como os demais, era o aniversario da súa neta! Como puido
esquecelo? Así que saíu disparado para conseguir un bonito agasallo,
pero a tarefa resultou ser máis difícil do que pensaba… Pero coa axuda
dos seus grandes amigos a avoa Osa, o avó Mapache, o avó Castor e a avoa
Marmota, a búsqueda acabou converténdose nunha aventura cun final do máis sorprendente.
Unha historia divertida que trata temas próximos á infancia como a
amizade, a relación cos avós, os aniversarios ou os agasallos. Pon en valor o amor de avós e netos, a figura dos avós, a
resolución de problemas, a cooperación, a amizade, a perseveranza, o
traballo en equipo, a celebración e a ledicia. A retahíla fai máis
atractivo o conto, achegando musicalidade e desenvolvendo a linguaxe."
Cada amigo vaille conseguir algo para o agasallo, xuntos elaborarán a torta de aniversaio e poderán compartir comida e compañía. O que se fai entre todos ten outro sabor, outro significado...


Ningún comentario:
Publicar un comentario