Ganapán e Garabato de Chus Álvarez e El primo Ramón (Borja Ramón López Cotelo e María Olmo Béjar) está publicado por Pepa a Loba editora, na colección Calidoscopio.
Da presentación: "Ganapán é un can que non sabe ladrar e Garabato é un gato que non sabe miañar.
Ambos séntense diferentes. Choran na soidade. Pero xuntos atopan unha solución.
Un libro ilustrado, amable e enxeñoso, sobre a soidade e sobre como as diferenzas poden crear verdadeiros lazos de amizade." E se alguén se ri de ti, cando ti sexan quen de transformar o problema noutra cousa, riranse contigo e con todos os que decidan falar como queiran, porque os bufos poden facer oinc, as vacas auuu, os lobos muuu e... ser felices!
Unha boa historia e mellores ilustracións para presentar animais pouco convencionais, amigos e seres coa picardía suficiente para defenderse de quen se atreva a mofarse deles.
Recuperar a El primo Ramón, na compañía de María Olmo, sempre é unha boa nova, e moito máis cando nos sitúan ante unha historia que resulta interesante.

Ningún comentario:
Publicar un comentario