Papá, por favor, achégame a lúa de Eric Carle aparede publicado por Kalandraka con tradución de Chema Heras e Pilar Martínez, nunha nova edición. Na colección Tras os Montes de Kalandraka, nun novo formato que introduce a posibilidade de abrir as páxinas ata amplialas en vertical ou incluso nas catro dimensións.
Preséntase así: "Unha orixinal proposta de Eric Carle con lapelas e páxinas despregables para descubrir a maxia das fases lunares."
Unhas gardas de estrelas, unhas ilustracións en colaxes con predominancia do azul para falar da noite e darlle forma ao desexo dunha filla. A lúa foi dende sempre ese misterio que queremos descifrar, a nena quere tocala e ao non ser capaz pídelle a seu pai que lla achegue. E o pai non o pensa, colle unha escada moi moi longa e lévaa ata a montaña máis alta, e comeza a subir ata chegar a ela (que non fará un pai pola súa filla?) e poder falarlle, a lúa dille que cada noite se vai ir facendo máis pequena ata que o pai a pode coller e levarlla... para saber o que pasou a continuación non queda outra que coller o libro nas mans igual que fixo a nena coa lúa.
Lembremos que deste autor en Kalandraka podemos contar en formato especial con Unha eiruga moi larpeira en pop up, en acartonados con sons Un grilo moi silencioso, e outros acartonados (con texturas) Soño de neve, (xogo) Queres xogar comigo? e Da cabeza aos pés, Oso pardo, oso pardo, que ves aquí?; álbums como Amigos, A araña moi ocupada...

Ningún comentario:
Publicar un comentario