xoves, 30 de xullo de 2026
Libro de pastas duras e mensaxe esperanzada
luns, 23 de marzo de 2026
Papá, por favor, achégame a lúa
Papá, por favor, achégame a lúa de Eric Carle aparede publicado por Kalandraka con tradución de Chema Heras e Pilar Martínez, nunha nova edición. Na colección Tras os Montes de Kalandraka, nun novo formato que introduce a posibilidade de abrir as páxinas ata amplialas en vertical ou incluso nas catro dimensións.
Preséntase así: "Unha orixinal proposta de Eric Carle con lapelas e páxinas despregables para descubrir a maxia das fases lunares."
Unhas gardas de estrelas, unhas ilustracións en colaxes con predominancia do azul para falar da noite e darlle forma ao desexo dunha filla. A lúa foi dende sempre ese misterio que queremos descifrar, a nena quere tocala e ao non ser capaz pídelle a seu pai que lla achegue. E o pai non o pensa, colle unha escada moi moi longa e lévaa ata a montaña máis alta, e comeza a subir ata chegar a ela (que non fará un pai pola súa filla?) e poder falarlle, a lúa dille que cada noite se vai ir facendo máis pequena ata que o pai a pode coller e levarlla... para saber o que pasou a continuación non queda outra que coller o libro nas mans igual que fixo a nena coa lúa.
Lembremos que deste autor en Kalandraka podemos contar en formato especial con Unha eiruga moi larpeira en pop up, en acartonados con sons Un grilo moi silencioso, e outros acartonados (con texturas) Soño de neve, (xogo) Queres xogar comigo? e Da cabeza aos pés, Oso pardo, oso pardo, que ves aquí?; álbums como Amigos, A araña moi ocupada...
mércores, 18 de xuño de 2025
Un libro pop - up
Unha eiruga moi larpeira de Eric Carle en formato pop - up, traducido por Chema Heras e Pilar Martínez e publicado por Kalandraka.
Asi se presenta: "Unha pequena eiruga percorre as páxinas perforadas deste libro devorando todo canto atopa ata converterse nunha fermosa bolboreta. A obra máis emblemática de Eric Carle, agora en edición pop-up."
Unha pequena xoia para saborear e coidar, chea de posibilidades para que a historia se faga máis realista e sorpresiva, para ir abrindo fiestras e solapas, para que cada páxina nos vaia asombrando mentres persorremos os días da semana e imos aprendendo os números, os nomes das froitas e outro vocabulario sabrosón (torta de chcolate, xeado de cornete, queixo suízo, piruleta, pastel de cereixas, madalena...) así como diferentes tipos de porción nas que se pode presentar (dende anaco a cacho, rebanda, porción ou tallada). Tamén aprendemos que despois dun empacho é preciso tomar algo vexetal. E, sobre todo, coñecemos o ciclo da eiruga, cando despois de nacer dun ovo e comer desaforadamente tece un casulo ao seu redor ficando dentro máis de dúas semanas, e sae convertida nunha fermosa bolboreta que se presenta a toda plana impoñendo a súa presenza.
xoves, 17 de outubro de 2024
Un novo libro duro, de pastas, para esas mans pequerrechas e redondeadas
Queres xogar comigo? de Eric Carle traducido por Ballesteros aparece da man de Kalandraka como o están facendo todfos estes clásicos infantís. Volvemos a narración encadeada, un ratiño que quere xogar e busca con quen, é pequerrecho e vai seguindo rabos (que nos obrigan a adiviñar de que animal se trata) -Ol, amigo, queres xogar comigo? pregunta ao cabao, ao crocodilo, ao león, ao hipopótamo, á foca, ao mono, ao pavo real, ao raposo, ao canguro, á xirafa... ata chegar a xunta unha ratiña que por fin acepta xogar sen poñer ningunha desculpa, póñense a xogar ás agachadas e daquela descubrimos que esa tira verde que viramos na parte baixa das páxinas ao longo de todo o percorrido era unha serpe que queda sen merenda cando os dous ratiños se agachan no tobo.
Na primeira versión o título en inglés equivalía a algo así como "Queres ser o meu amigo?" pero tal vez o xogo se preste máis a compartir ese tempo necesario para facerse amigos. E a amizade, xa vedes, salva de perigos, ademais de divertir e envolvernos en afectos. Queremos xogar, todos os animaliños queren xogar e han de buscar o tepo para facelo porque se pode compartir xogo e traballo, xogo e outras tarefas.
Un libro que vai permitir continuar o xogo coas crianzas porque poden ser moitos outros animais (dos que debuxar rabos) e podemos buscar outros finais, pero, sobre todo, podemos repetir a lectura con eles unha e outra vez ata recoñecer cada animal e as palabras que se repiten.
xoves, 30 de maio de 2024
Eric Carle e Amigos
Amigos de Eric Carle é un álbum ilustrado, traducido por Iago Nicolás, publicado por Kalandraka.
Preséntase así. "Un álbum conmovedor que transmite profundas emocións e sentimentos sobre o valor da amizade, que supera ausencias e obstáculos." Porue un neno e unha nena eran amigos, dos de verdade, facían todo xuntos (xogaban, corrían, bailaban, contñabanse segredos...) pero un dia a nena marchou e o neno botábaa tanto de menos que cruzou un río, subiu unha montaña, atravesou un prado... ata olleu un ramo de flores e atopou a aiga para darllas e volver xogar xuntos. O autor conta que escribiu ese libro acordándose dunha amiga que tiña de pequeno e á que nunca volveu ver
Deste autor tamén é Unha eiruga moi larpeira xa publicada nesta editorial en 2005, con tradución de Pilar Martínez e Chema Heras ou A araña moi ocupada e Da cabeza aos pés e as ilustracións de Oso pardo, oso pardo, que ves aquí? todos eles con tradución de por Iago Nicolás.
xoves, 28 de decembro de 2023
Libros acartoados de Kalandraka
Da cabeza aos pés de Eric Carle preséntase así:"Descubrimos as partes do corpo xogando a movernos como algúns animais. Desafíos divertidos para prelectores e primeiros lectores neste libro en edición acartonada". Cada animal (pingüín, xirafa, bisonte, mono, foca, gorila, gato, crocodilo, dromedario, burro, elefante e loro poñen a proba ao neno e a nena para ver se son quen de facer o que eles fan e, de verdade, que o conseguen. Un divertido xogo que nos obriga a movernos e ver ata onde podemos facelo, dende a cabeza aos pés.
Oso pardo, oso pardo, que ves aquí? con texto de Bill Martin Jr. e ilustracións de Eric Carle. Preséntase así: "Un oso pardo, un paxaro vermello ou un cabalo azul
son algúns dos curiosos personaxes que se asoman ás páxinas deste
divertido álbum acartonado, ideal para aprender as cores e
os nomes dos animais." Cada un dos animais di que ve ao seguinte que se vai presentar e así pasamos do oso ao paxaro, do paxaro ao pato, do pato ao cabalo, do cabalo á ra, da ra ao gato, do gato ao can, do can á ovella, da ovella ao peixe, do peixe á profesora e dela aos nenos que a miran. E agora, "nenas, nenos, que vedes aquí?". Toca contestar...
Ambas traducidas por Iago Nicolás para a colección Tras os montes de Kalandraka.
As obras de Eric Carle son recoñecibles pola técnica, unha especie de colaxe impresionista, coas figuras case sempre recortadas sobre fondo branco.
domingo, 20 de agosto de 2023
Unha nova obra de Eric Carle en galego: A araña moi ocupada
Unha nova obra de Eric Carle en galego: A araña moi ocupada publicada por Kalandraka, na colección Tras os montes.
O vento trae unha araña e todos os animais da granxa pasan por onde ela a convidala: a dar un paseo co cabalo, comer herba coa vaca, a correr polo prado coa ovella, a saltar nas rochas coa cabra, a envorcallarse no barro co porco, a perseguir un gato co can, a durmir unha sesta co gato, andar no estanque co parrulo... ela non contesta porque está moi ocupada tecendo a súa tea, cando o galo lle propón atrapar unha mosca pesada ela atrápaa e logo durme porque está moi cansa, leva todo o día ocupada e non contesta ó moucho que pregunta quen construíu unha tea tan bonita...
A repetición "Pero a araña non respondeu. Estaba moi ocupada tecendo a súa tea" vai con nós, ao longo do álbum, creando un ritmo e un acompañamento no que as persoas adultas poden colaborar coas prelectoras lendo a pares.
A tea e a araña están feitas en releve e poden seguirse cos dedos dende as primeiros pasos da elaboración ata o produto final. As ilustracións están realizadas con colaxes e xogando con cores en combinacións diversas e abstractas.







