Xa doutros tempos pero falanndo de Papá Noel e de como se esqueceu de pedirlle o que máis quería: Tento e mailo Nadal de Ricardo Alcántara e Gusti. En Tambre.
As caras da miña choiva de Kristine Sabaite. O libro dunha ilustradora que nos introduce no tipo de chuvias. Un libro orixinal que hai que xiralo, que se le nun sentido non convencional. A avoa di que a chuvia ten moitas caras que só as persoas quer quedan quietas poden ver, e van aparecendo os nomes: bauxa, cebra, arroiada, mera, trebón, xistra... En Galaxia
En Tambre, O desexo do coello de Ramona Bâdescu e Delphine Durand. O coello ten un desexo que non chega a ver claramente, mentres tanto aparece o esquío que ten o desexo de merendar con el e parolar, o oso formigueiro que trae pasteis e ten o desexo de comelos compartindo con eles... de pronto, o coello descubre cal é o seu desexo, méteos no coche e emprende o camiño cara ese anceio.
A receita do queixo lunar de Paloma de Toro, con ilustracións de Nuria Díaz e publicado por Galaxia. Porque Petroski, a queixeira, vivía na lúa soíña, pero un día aparece unha astronauta terráquea que se asusta cando a descobre. Ela dende a lúa e a outra dende a Terra, chegan a atoparse a través da lente de sendos telecopios e descobren que non hai que asustarse da outra, que poden ser amigas... Un libro no que igual atopamos moito texto para o que conta...
Ningún comentario:
Publicar un comentario