No Culturgal, cando presentamos a guía Donas no espello da LIXG, contactamos coa xente de Belagua. Un bo encontro, elas pasáronnos uns títulos para GALIX, entre eles están Un mundo para Maruxa e Galegas na ciencia dos que xa se falou neste blog, pero ademais A árbore dos vagalumes, Rsaura e o mar e Rosaura. Cesteira de Mondariz da qutoría de Isabel Blanco e as ilustracións de Luz Beloso.
Un mundo para Maruxa é unha historia medio ambiental sobre o perigo dos plásticos no mar a través da historia dunha londra que terán que levar ao Centro de recuperación.
Galegas na ciencia recolle a vida de vinte mulleres galegas que se dedicaron á cienca, dende Isabel Zendal ás irmás Jimena e Elisa de la Vega. Un libro tamén necesario.
A árbore dos vagalumes de Xulia Mª Barros (terapeuta e música) con ilustracións de Diego Salgado. "Unha emotiva historia interxeracional, sobre o valor dos afectos, o respecto aos maiores e, sobre todo, a importancia de conservar a memoria, é dicir, a capacidade de non esquecer de onde vimos." Avó e neto, perda de memoria, amizade e lembranzas, paso da maxia dun a outro, a vida e o seu percurso...
De Isabel Blanco e Luz Beloso, temos unha case colección ao redor da figura de Rosaura que, nun libro é Cesteria de Mondariz, noutro une o seu nome ao mar para se converter en mariñeira, mariscadora, redeira, percebeira, pescantina na lonxa... traballa nas bateas ou na fábrica de conservas. E noutra entrega temos As recetas de Rosaura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario