Vou! de Elena Andrés publicado por Galaxia. Da presentación editorial:"Xan e os seus amigos quedan todas as tardes no parque. Hoxe van xogar aos agochos e tócalle a el poñerse a buscar.
“Sempre me toca contar a min…” Tarde piaches, Xan! Conseguirá dar co
agocho de cada un dos seus amigos? A ver se desta atopas a alguén!"
Moi interesante. Conforme el vai buscando ti vas vendo onde están agachados os demais (nunha árbore, no castelo de area, no estanque, na papeleira, no conxelador, detrás do trombón, no anaquel da libraría, na caixa do violín, entre os balóns do polideportivo, entre os gatos no recuncho do parque... Con el imos percorrendo os diferentes lugares do barrio, buscando a cada un deles e a cada unha delas nas posturas máis difíciles, pero ademais dese xogo de busca emos aquel outro de descubrir máis detalles divertidos como esa moza que le un libro do revés. O certoé que cando o protagonista volve á árbore do principio alí están todos, perdeu unha vez máis, pero aí non acaba o xogo, pois cando vai camiño da casa coa irmá esta dille que algún día se van decatar de que se fai o parvo e el contesta:
-"Cala que te van oír! E que queres
que faga co contentos que se poñen! Ademais fanme moita graza os
recunchos nos que se meten. Bótanlle moitas ganas, he, he.
- Estás feito un pillabán... -contesta ela, finalmente"
Certamente, el chega de último ao campo de xogo xustamente para que lle toque apandar porque o pasa ben buscándoos e facendo que non os ve, ao tempo que escoita jazz ou toma un xeado.
Un bo libro!
Ningún comentario:
Publicar un comentario