Xerardo Quintiá aparece de novo, a súa sempre é unha presenza agardada no mundo da literatura infantil. Neste caso presenta O corazón dos paxaros nun formato especial, con ilustracións de Nuria Díaz e publicado por Xerais.
Preséntase así: "«O corazón dos paxaros» é unha alegación contra a caza. Unha historia
que abala entre o divertimento e o compromiso na que, a través do humor,
a poesía e a musicalidade dos xogos de palabras, se busca pór de
manifesto a importancia dos animais e a necesidade dun cambio profundo
na nosa relación con eles." E diso vai, despois da dedicatoria: "A todas as persoas que aman a natureza e a queren viva e ceibe" aparece Crisantemo, un home un tanto alternativo (nun pé unha sandalia e noutro unha zoca, vive nunha casa coas paredes tortas e sen portas) e fronte a el Os Dis-Para-Dores: catro energúmenos entre os que se atopa o alcalde, con escopetas e en Land Rover que van matando paxaros e que non escoitan as reclamacións do "ecoloxista estrafalario" ao que ameazan con facer empanada de Crisantemo... Unha historia sinxela na que os mesmos animais que eran ameazados salvan aos cazadores porque a natureza igual funciona así.
Ningún comentario:
Publicar un comentario