A pantasma do castelo. Porlier e a súa loita pola liberdade de Estefanía Padulles está publicada por Hércules de Ediciones.
Así se presenta: "Coñeces a Juan Díaz Porlier? Pois nestas páxinas propoñémosche unha viaxe ao século XIX, para descubrir a vida deste heroe que defendeu a liberdade ata a súa morte. O percorrido vainos levar ata o Castelo de Santo Antón, onde coñeceremos unha pantasma moi especial."
Unha nena cóntanos a historia: unha mañá de domingo, unha excursión en bicicleta, unha parada no castelo de San Antón e a descuberta dun personaxe histórico. Coñecer a cidade propia, a súa historia, os heroes e heroínas que defenderon a democracia... sempre é algo a ter en conta. Saber que hai detrás dos nomes das nosas rúas é estar nos lugares de certo, con responsabilidade. Da rapazada pero tamén dos maiores é a responsabilidade de que isto sexa así, e libros coma este axudan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario