Entre o pouco teatro que se publica para adolescentes, temos que contar co Premio Roberto Vidal Bolaño que convoca o concello de Porriño, a editorial Galaxia e o IES Ribeira do Louro. Neste 2022 resultou ganadora a obra de José Luis Baños de Cos, Lume. El xa obtivera este premio anteriormente con A cámara escura, sobre o ciberacoso. Esta vez, consígueo, de novo, cun texto sobre un adolescente convertido en asasino pola presión do grupo.
Ai! a adolescencia, ese lume interior, esa rabia de non entender, esa falta de axuda dende a familia e a escola (que andan, case sempre tan despistados como a mocidade). Os pais co fútbol, as nais agardando a que unha moza faga por eles o que é case imposible, o grupo de iguais apoiando o menos axeitado, os finais de festa nas discotecas e lugares do ocio de última hora, o enfrontamento co profesorado como maneira de ganar o respecto da panda e o lume consumindo todo nun incendio insoportable do que saes queimado... cando saes. As redes xogando contra un, o racismo reverdecendo, a estrema dereita e os medios de comunicación centrando aí o problema porque non hai nada como buscar o inimigo fóra... De fondo, iso que xa sabemos, o doado que é o "accidente", o mal paso, a ruptura da realidade que dun momento a outro nos enfronta a unha vida paralela coa que non contabamos.
A pesar da cantidade de premios que se convocan, ben vemos que para teatro son imprescindibles para poder contar con textos. Quizás o que deba preocuparnos é que sempre se presenten os mesmos autores e autoras, como se estivesen abonados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario