Amosando publicacións coa etiqueta Datas a celebrar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Datas a celebrar. Amosar todas as publicacións

sábado, 24 de outubro de 2026

24 de outubro Día da Biblioteca

As bibliotecas son eses lugares nos que hai múltiples recursos para informarse, aprender, divertirse, encontrarse coa cultura, co patrimonio, con outros e outras... un porto seguro, todo o contrario a un non lugar. A biblioteca e as persoas que as atenden: bibliotecarios e bibliotecarias, con sempre amigas, quen traballa nas bibliotecas ama a cultura e a  lectura, ten como misión divulgala, entregarlla aos demais en man, axudarlles a atopar o que buscan, axudarlles a mellorar... como Prometeo, entregan o lume sagrado e, coma el son castigados, cando os poderosos queren manternos na ignorancia.

Disto sabía moito Francisco Xavier Redondo Abad, o bibliotecario que investigou bibliotecarios/as (Bibliotecarias e bibliotecarios "infames". A depuración franquista do corpo bibliotecario republicano: o caso galego) e bibliotecas (A memoria dos libros. Incautación, espolio e desfeita da biblioteca de Santiago Casares Quiroga, O fulgor e as tebras. As bibliotecas na Galiza da II República e a súa destrución durante a Guerra Civil, Proceso a unha biblioteca. A persecución de Castelao a través da incautación da súa biblioteca) vítimas da represión. Dende que marchou ao Alén ese mundo está detido, quen vai continuar ese traballo de formiga documentalista que denuncia o horror que caeu sobre o libro, a biblioteca, o bibliotecario... 

Por iso dende as bibliotecas escolares esta data se debía celebrar todo o mes, porque a escola pública é a que iguala e compensa, a que entrega en man todos os recursos para que a rapazada que non os ten na casa nin na familia non estea en desigualdade, para que con eles e elas se realicen accións positivas, igual que co noso idioma (e non teñamos medo á palabra discriminación porque cando é positiva non discrimina senón que compensa).

Aí vamos! coas bibliotecas e as persoas que as atenden, co profesorado e a cultura, coa lembtranza da boa xente á que non podemos esquecer dende as bibliotecas. Por ti, Francisco Redondo, por todo o que nos legastes!