Quizás porque nas escolas sirvan froita, quizás porque a alimentación san é imprescindible, tal vez porque os nosos escritores están mirando cara aos máis novos... aparece este título Moita froita de Héctor Cajaraville, con fotografías de 123RF, publicado por Edicións Xerais de Galicia.
Estamos na escola e as protagonistas son as profesoras e as froitas porque comezamos con "A profe Lola / trouxo froita á escola", seguimos con A profe Violeta / baixouna da furgoneta" e seguimos así con cada unha delas, coas rapazas "Para Ana / unha banana", "Para Tareixa... dúas cereixas", "Para Ramón.../ un limón" para rematar "E na hora do recreo, / coa profe Antonia... / macedonia!"
Todo escrito con letras maiúsculas e en cada páxina a tradución do nome da froita ao portugués, castelán, inglés e francés. Quen dixo que non eramos plurilingües?
A comer froita e a ler imaxes e texto. A aprender pareados!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario