Os soños de Daniel de Paco López Barxas con ilustracioóns de Isabel Pintado acaba de saír en Teófilo edicións.
Eduardo Dieste conta a historia de Castelao neno, dende que o bautizaron con tres nomes (Alfonso, Manuel, Daniel) ata que xoga no mar, está cos avós (facendo barcos, escoitando contos), vai á escola e descobre o mal que tratan á lingua galega e a quen a fala, atopa o mapa no que aparece toda Galicia (tamén Rianxo), viaxa á Arxentina con súa nai para estar co pai e alí ten dúas irmás (Xosefina e Tareixa) e volve para reatopar o mapa de Fontán e debuxar sobre el con todos os amigos porque non se pode debuxar un país sen soñalo xuntos.
A presentación editorial está en castelán, tal e como segue, pero non, algúen ten que ter vengonza e traducilo ao galego: "(...) relata a historia de Castelao dunha forma didáctica e accesible. O libro parte do Castelao neno, aquel rapaciño curioso de Rianxo, para guiar ao lector a través da súa vida, da súa obra e do seu compromiso con Galicia. Cun linguaxe claro e áxil, o autor reconstrúe os primeiros pasos de Castelao, os seus xogos, o seu descubrimento do debuxo, a súa mirada atenta ao mundo que o rodeaba como punto de partida para comprender ao intelectual, ao político e ao artista que chegaría a ser. As ilustracións recrean con frescura e sensibilidade eses recordos infantís, invitando ao lector a identificarse co neno que soñaba e observaba desde a vila mariñeira"
O libro preséntase nunha bolsa de redes que se ata cun lazo.
